sonimedia eventos 2025

PROGRAMA 
E INSCRIPCIONES

Selecciona los filtros para acotar tu búsqueda
Marzo 2025
ENTRADA
Entrada válida para un día

Entrada General - 1 día

La entrada permite el acceso al recinto ferial y a todas las actividades

VÁLIDO PARA UN SOLO DÍA
 

ENTRADA
 PVP 20,00
ENTRADA RECINTO
23_25 Marzo 2025
ENTRADA
Entrada válida para 3 días

Entrada General - 3 día

La entrada permite el acceso al recinto ferial y a todas las actividades.

USO EXCLUSIVO PROFESIONALES DEL SECTOR

ENTRADA
 PVP 40,00
ENTRADA RECINTO
23.03.2025 // 11.00 - 11.30
Aula Bar Fórum
Empresa (Provincia)

Alex Gonzalez

Dedicado a los especialista del sector
Su especial dedicación al producto, hace destacar los resultados obtenidos

COFFEE FÓRUM
 PVP 5,00
RESERVA TALLER
23.03.2025 // 11.30 - 12.00
Auditorio

Acto inaugural

Acto inaugural Galicia Fórum Gastronómico 2025

Presenta:
Auditorio
23.03.2025 // 11.45 - 12.45
Aula Bar Fórum
Empresa (Provincia)

Karen Quiroga

Hitoria e orixe del Latte Art

Karen Quiroga  ha sido 1ª Latte art Campeona Nacional Sca 2017; 3ª Aeropress Spain 2019; 1ª Latte Campeona Nacional Fórum 2021; es Sommelier del té y formadora de Café Dromedario

COFFEE FÓRUM
 PVP 5,00
RESERVA TALLER
23.03.2025 // 13.15 - 14.15
Taller
Empresa (Provincia)

Julio Mato

Un menú con produtos galegos de calidade. Ponlles cara en experienciasdecalidade.gal

Este chef de Silleda xestionou cociñas durante máis de 25 anos e ten gran ex-periencia no sector. Actualmente presenta o programa “A voltas co prato” en TVG e ten publicado un libro co mesmo no-me.

Promueve Consellería do Medio Rural – Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Taller
RESERVA TALLER
23.03.2025 // 17.00 - 17.30
Auditorio
Empresa (Provincia)

Manuel Triay & Viviana Muñoz

A cociña coruñesa que vén: como nunha taberna

Foi o seu pai o que lle suxeriu que estudase cociña que cursou no Centro Superior de Hostalería. Traballou e aprendeu con Eduardo Pardo, con Eneko Atxa en Azurmendi de Bilbao, e en El Bullo en Sevilla, entre moitos outros. Tras 20 anos de traxectoria decidiu abrir a súa propio local xunto á súa Viviana, que oficia na sala, a Taberna Triay, na zona de viños da Coruña, onde reivindican a herdanza das tabernas e as casas de comidas.

Presenta: Jorge Guitián
Auditorio
23.03.2025 // 16.30 - 17.30
Taller
Empresa (Provincia)

Martín Vázquez

A excelencia nunha cociña de produto

Formado academicamente no Centro Superior de Hostalería de Galicia e tras crecer como cociñeiro nos fogóns de restaurantes de Francia, País Vasco, Valencia e, en Casa Marcelo de Santiago, decidiu abrir o seu propio restaurante, Indómito. Situado no centro de Santiago de Compostela, Indómito ofrece unha carta que cambia constantemente formada por pratos de cociña de mercado, a base de produtos locais da máis alta calidade.

Presenta: Yanet Acosta
Taller
 PVP 5,00
RESERVA TALLER
NO DISPONIBLE
23.03.2025 // 17.00 - 18:00
Aula Bar Fórum
Empresa (Provincia)

Alberto Díaz Noval

Coctelería de proximidade. Herbas silvestres

Cocktail Bar Fórum
 PVP 5,00
RESERVA TALLER
23.03.2025 // 17.30 - 18.15
Auditorio
Empresa (Provincia)

Marcos Morán

Innovar a cociña tradicional asturiana

Quinta xeración nos fogóns, Marcos Moran practica unha cociña contemporánea baseada na gastronomía tradicional, na que manda o produto e o protagonismo sempre está dentro do prato. Con 1 estrela Michelin, está á fronte de Casa Gerardo, situado en Prendes, onde ofrece ao comensal o mellor que lles dá a horta, o mar e a terra asturiana, elaborando grandes clásicos “a mellor fabada e crema de arroz con leite do mundo”.

 

Presenta: Bea Solano
Auditorio
23.03.2025 // 18.00 - 19.00
Taller
Empresa (Provincia)

Rita Magro

Viaxe de sabores: O encontro entre o Mar e a Terra

Rita iniciouse moi novo cun curso de cociña en Coimbra. Entón deuse conta do seu gusto pola alta cociña, onde a excelencia e o alcanzar a perfección son primordiais. A súa experiencia profesional inclúe locais de renome como Vila Vita Parc, Antiqvvm e Blind, restaurante do que actualmente é xefa de cociña e onde ten a oportunidade de traballar co experimentado chef Vitor Matos. Esta viaxe valeulle recentemente o premio "Young Chef Award" da Guía Michelin 2024. Rita Magro defende o «sentir, tocar e provocar» coa comida e, para ela, o sabor está por encima de todo.

Presenta: Yanet Acosta
Taller
 PVP 5,00
RESERVA TALLER
23.03.2025 // 18:00 - 19:00
Aula Bar Fórum
Empresa (Provincia)

José Mendes

Concepto Torto. Calidade e diversión non son incompatibles

Natural de Guimarães, José foi elixido Mellor Bartender Portugués en 2019 polo World Class Portugal. A súa carreira foi un camiño ascendente desde os seus inicios como bar manager no Torto, onde tivo a oportunidade de formar e liderar un talentoso equipo que contribúe diariamente ao crecemento da marca. Actualmente, José é copropietario e o mentor detrás deste emocionante proxecto, continuando co seu impulso para levar ao Torto a novos niveis na escena da coctelería.

O Torto gañou en dúas ocasións o premio ao Mellor Equipo de Bar no Lisbon Bar Show, foi elixido Bar do Ano polos premios Mesa Marcada e, máis recentemente, logrou o prestixioso recoñecemento ao ingresar no 50 Best Discovery.

Un dos bares de referencia na coctelería portuguesa explica a súa fórmula para combinar a aceptación dun público masivo sen menoscabo de elaboracións baseadas no concepto.

Cocktail Bar Fórum
 PVP 5,00
RESERVA TALLER
23.03.2025 // 18.15 - 19.00
Auditorio
Empresa (Provincia)

Joan Roca

A cociña do mar no El Celler de Can Roca

Con tres estrelas Michelin, El Celler de Can Roca foi elixido en dúas ocasións como Mellor Restaurante do Mundo na listaThe World 50 Best Restaurants. Joan Roca lidera xunto aos seus irmáns Josep, mellor sumiller do mundo, e Jordi, uns dos grandes cociñeiros de sobremesas, un dos restaurantes de maior prestixio internacional. A súa cociña harmoniza os sabores tradicionais coas técnicas modernas, froito dunha continua investigación comprometida coa innovación e a creatividade.

Presenta: Bea Solano
24.03.2025 // 13.15 - 14.00
Auditorio
Empresa (Provincia)

Marsia Taha

Cociña de compromiso coas comunidades indíxenas

Mellor cociñeira de América Latina 2024 por Latin America’s 50 Best Restaurants. Unha das fundadoras de Sabores Silvestres, unha iniciativa de varios cociñeiros para promover a accesibilidade a ingredientes da Amazonia boliviana e a cociña local, así como a sustentabilidade das comunidades tradicionais. Nada en Bulgaria e filla de pai palestino e nai boliviana, Taha, de 36 anos, viviu a súa infancia en Bolivia e converteuse nunha celebridade da escena culinaria rexional ao asumir en 2013 o mando da cociña do Gustu, na que estivo durante 10 anos. Actualmente, figura na posición 23 na lista dos mellores restaurantes latinoamericanos.

Presenta: Bea Solano
Auditorio
24.03.2025 // 16.30 - 17.00
Auditorio
Empresa (Provincia)

Eva M. Guzmán & Fernando Rodríguez

A cociña galega que vén: aposta polo rural

A experiencia adquirida por Fernando Rodríguez no restaurante Bido (A Coruña), permitiulle abrir O Secadeiro, xunto coa súa parella Eva M. Guzmán, na pequena aldea de Outes na ría de Noia. Un formato de negocio de mínima expresión, que ofrece unha cociña en base a produtos autóctonos, algúns en vías de desaparición.

Presenta: Yanet Acosta
Auditorio
24.03.2025 // 18.00 - 19.00
Taller
Empresa (Provincia)

Artur Martínez

Aürt naceu en 2019 e está situado no lobby do Hotel Hilton Diagonal Mar de Barcelona. A frase de Artur Martínez "prefiro a sinxeleza reflexionada á complexidade forzada" resume a súa ideoloxía. Cunha técnica eficaz e usando os mínimos ingredientes, elabora unha cociña natural e moi clara, fuxindo do tópico e o malabarismo. Artur volve a interpretar conceptos tradicionais con técnicas actuais e elabora pratos sinxelos e espidos que viran ao redor dos produtos de tempada.

Co apoio de Catalunya Regió Mundial da Gastronomia

Presenta: Adam Martin
Taller
 PVP 5,00
RESERVA TALLER
24.03.2025 // 18.00 - 18.45
Auditorio
Empresa (Provincia)

Ricard Camarena

Cociñar con valores

Ricard Camarena elabora unha cociña que evoluciona cada día. Cambia, adáptase e traballa cos recursos que ofrecen a horta e o mar. Unha cociña persoal, sinxela en aparencia, pero complicada na súa elaboración. Na súa elegante proposta gastronómica empréganse técnicas innovadoras que non ven, pero percíbense no padal. A cociña de Ricard Camarena está comprometida co territorio e coa tradición, salpicada de influencias cosmopolitas. É unha proposta esencial, aceda, fresca e moi respectuosa co produto.

Presenta: Bea Solano
Auditorio
25.03.2025 // 10.30 - 12.00
Aula Bar Fórum
Empresa (Provincia)

Ignacio Gómez

Taller de introducción al mundo del café de Especialidad ¿Te apasionan el café y quieres saber más sobre el Café de Especialidad?

Hemos diseñado un taller en el que  reflexionaremos sobre todos los factores que afectan a la calidad de un café acompañándolo con catas de varios cafés y pruebas olfativas. La finalidad es que sacies tu curiosidad sobre el mundo del café, que conozcas todas fases que hay desde el cafeto hasta la taza final y que puedas mejorar tu experiencia a la hora de preparar tu café en casa.

COFFEE FÓRUM
 PVP 5,00
RESERVA TALLER
25.03.2025 // 12.30 - 13.15
Auditorio
Empresa (Provincia)

Xavier Pellicer

A revolución verde: vexetais na alta cociña

Pioneiro da restauración sostible e líder a nivel mundial en cociña vexetal, cre que as mans das persoas que traballan a terra transmiten enerxía positiva a quen cociña e que estes, trasládana aos comensais. A máxima de Pellicer é a mesma que rexeu a súa estancia en Can Fabes (Sant Celoni) durante dúas etapas diferentes da súa vida: respecto absoluto polos alimentos cos que se traballa.

Presenta: Adam Martin
Auditorio
25.03.2025 // 13.00 - 14.00
Aula Bar Fórum
Empresa (Provincia)

Fançois Monti

Premios e listas: Non só importa o cóctel (como navegar un sistema complexo)

François Monti é recoñecido a nivel mundial como unha dos máximos expertos en cócteles e destilados. Ao longo da última década, percorreu todo o mundo, visitando os mellores bares e restaurantes e desenvolvendo no proceso unha sólida rede dentro da industria das bebidas. Cada ano cata máis de cen produtos novos de todas as categorías, con especial atención aos aperitivos, e visita decenas de bares. Leva máis dunha década impartindo formacións a profesionais e consumidores. Drinks International inclúeo desde 2019 na súa lista Global Bar 100 como un dos actores máis influentes do sector.

Cocktail Bar Fórum
 PVP 5,00
RESERVA TALLER
25.03.2025 // 16.00 - 16.45
Aula Bar Fórum
Empresa (Provincia)

Manuel Iglesias

Dedicado a los especialista del sector
Su especial dedicación al producto, hace destacar los resultados obtenidos

Cocktail Bar Fórum
 PVP 5,00
RESERVA TALLER
25.03.2025 // 18.00 - 18.30
Auditorio
Empresa (Provincia)

Pepe Solla

Pontevedra, terra de cociña e viños: despensa diversa, pureza no prato

Creceu entre os fogóns do negocio familiar, levándoo a cotas de excelencia apostando pola evolución e o sabor, sempre cunha cociña creativa de marcadas bases galegas. É membro fundador do Grupo Nove e un dos artífices da renovación da cociña galega, com-prometido coa súa terra e os seus pequenos produtores, defendendo unha gastronomía apegada de igual forma ao mar que ao terruño, avanzando cara ao futuro desde a tradi-ción. Os seus menús, moi vinculados aos produtos da contorna e do mar, defenden a sim-plicidade e buscan desenvolver novos conceptos.

Presenta: Bea Solano
Auditorio